Presentación
A Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresa de Galicia (APE Galicia) é unha entidade sen ánimo de lucro constituída por autónomos que desenvolven a súa actividade nos sectores do comercio, industria, servizos, hostelería, agrícola e pesqueiro da Comunidade Autónoma de Galicia.
Foi creada en Outubro de 2006 en Marín (Pontevedra) por iniciativa das organizacións ATRA, FONCALOR, INSTALECTRA, ASETRANSPO e as Asociacións de Empresarios de Redondela e do Deza, sendo o seu Presidente Fundador D. Enrique Fontán Hermida, Presidente de ATRA.
O principal obxectivo da entidade é aborda-la precaria situación na que desenvolven o seu labor os traballadores e traballadoras autónom@s, así como a xestión e defensa dos intereses dos Autónomos nos seus aspectos xerais e comúns e nas súas relacións con Administracións e Institucións públicas e privadas.
APE Galicia esta presente en todo o territorio galego e conta, nestes intres, con cento oito (108) asociacións de grande implantación na Comunidade Galega repartidas segundo a gráfica adxunta, reunindo aproximadamente a 29.000 Autónomos os cales representan un 28% dos autónomos do RETA e un 31% de autónomos directos en todo-los sectores.

A implantación de APE GALICIA nas 4 provincias galegas distribúese segundo as porcentaxes que se indican:

Xeográficamente, APE GALICIA, ten implantación nas 4 capitáis de provincia galegas, ademáis de en Santiago de Compostela e Vigo así como en moitas outras vilas importantes de Galicia.

Con estos datos podemos decir que somos unha das asociacións con máis representatividade en tóda-la comunidade autónoma, segundo as últimas estadísticas publicadas. Esta traxectoria é froito do traballo e confianza que nesta asociación están a depositar os integrantes do movemento asociacionista galego.
Ademáis, APE GALICIA forma parte de CIAE, Confederación Intersectorial de Autónomos de España, asociación con gran presencia a nivel nacional, sendo membro da Xunta Directiva e da Xunta Executiva.
Para o ano 2012, APE Galicia, seguindo coa liña de traballo desenvolvido ata agora, proponse conseguir os seus obxectivos levando a cabo unha labor o máis profesional posible, para poder dar uns servizos de asesoramentos e información ós seus asociados da máis alta calidade.
A nosa asociación ten coma principal obxectivo apoiar ó colectivo de autónomos a través da xestión e defensa dos seus intereses nas súas relacións coas Administracións Públicas e outros axentes económico-sociais, motivo polo cal forma parte da Mesa do Traballo Autónomo, coma previo paso á constitución do Consello Galego do Traballo Autónomo, definido coma o “órgano consultivo do goberno galego en materia socioeconómica e profesional do traballo autónomo, adscrito ao departamento da Xunta de Galicia competente en materia de traballo”.
Nesta páxina web poderán atopar toda a información precisa sobre os seguintes apartados de interese para o colectivo de autónomos, a saber:
- Os principáis servizos que APE GALICIA presta ós seus asociados, encamiñados á mellora da súa competitividade, formación, e defensa dos seus intereses.
- As actividades de difusión e formación levadas a cabo dos últimos anos.
- Convenios de colaboración asinados para favorecer o colectivo de autónomos.
- Datos de contacto, etc.
Sexan, pois, todos e todas benvidos a este punto de encontro na web e quedamos a súa enteira disposición.
O presidente de APE GALICIA
José Ramón Caldas Martínez