O director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Manuel Heredia Pérez, será o encargado de explicar e resolver dúbidas a pemes comerciais e obradoiros artesáns.
Hoxe publícase no DOG a ORDE do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa extraordinario das persoas traballadoras autónomas e microempresas con actividades especialmente paralizadas pola crise da COVID-19, financiadas parcialmente con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, (código de procedemento TR760A)
Achegamos as infografías relativas a esta axuda, así como un breve resumo da mesma.
A nosa sede principal situada en Pontevedra, acolleu o sábado 9 de abril a II Asemblea de Empresas Veterinarias de Galicia, colaborando con CEVE Galicia, entidade organizadora, e cumprindo así cun dos obxectivos que se inclúe no acordo de colaboración que ambas as partes asinaron a principios do ano 2021.
Para CEVE Galicia, esa é a segunda edición destas xornadas, nas que o sector analiza a súa situación actual e os principais puntos da axenda deste ano, a través da intervención de profesionais da veterinaria.
"Ser proactiva e adaptarse; non temer o fracaso e ter confianza, claves para afianzarse con éxito no emprendemento en igualdade"
Ao redor de 40 anos anos, con formación universitaria e residencia no medio urbano, con nula participación en redes e escasa formación en emprendemento. Este é o perfil das mulleres que tras a pandemia optan polo traballo autónomo como saída laboral e ás que a comunicadora Carla Reyes Uschinsky facilitou claves para avanzar con solvencia na senda do emprendemento en igualdade. Fíxoo no marco das Xornadas organizadas por APE Galicia na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Estas xornadas, que contaron en total coa asistencia de ao redor dun centenar de mulleres e non máis dunha vintena de homes, pertencentes a diferentes sectores, e que serviron para para intercambiar experiencias e atopar respostas para afrontar os retos que supón este complexo modelo de traballo, foron organizadas na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, sendo un dos obxectivos a promoción do traballo autónomo e a visibilización da contribución das mulleres traballadoras autónomas ao tecido empresarial galego.
Ademais, esta iniciativa de APE Galicia e a Xunta de Galicia, serviu para potenciar a formación e a información en material de igualdade de xénero e dar a coñecer as medidas, programas e actuacións que a Xunta ofrece e desenvolve en canto a emprego e igualdade.
O emprendemento encerra medos e comportamentos de xénero que se analizarán nunhas xornadas nas que xa é posible inscribirse a través de www.apegalicia.gal
APE Galicia realizará nas próximas semanas un total de catro xornadas formativas, unha por provincia, para analizar e dar solución a algúns dos problemas que se atopa a muller á hora de acceder ao traballo autónomo. Estas xornadas, organizadas en colaboración coa Xunta de Galicia, buscan avanzar no terreo da igualdade de oportunidades no mercado laboral desde a perspectiva das autónomas.
Cun formato dinámico e participativo estas xornadas terán un carácter práctico no que as asistentes poderán formular preguntas e cuestións aplicables ao desenvolvemento da súa actividade como emprendedoras, que serán resoltas polas relatoras, que variarán en función do lugar no que se desenvolva a xornada e que terán a Carla Reyes Uschinsky como condutora común. Acudirán tamén Covadonga Toca, directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social e Belén Liste, subdirectora xeral de Emprego, que darán a coñecer os programas específicos da Xunta para incentivas o emprego e a igualdade.
Estas xornadas inspiradoras serán presenciais e a inscrición para acudir está xa aberta a través de www.apegalicia.gal.
⏯️APE, junto con las otras dos asociaciones que forman de la Mesa del Empleo Autónomo de Galicia, remitió una carta a la ministra de Economía, Nadia Calviño, para pedir flexibilidad y simplificación en la tramitación del Fondo Estatal de Apoyo a la Solvencia Empresarial.
⏯️Galicia recibió del Estado 230 millones de euros de los que 70 están bloqueados, y deberán devolverse, debido a la excesiva burocracia, que impide a las pequeñas empresas beneficiarse de estas ayudas.
⏯️Queremos que se reasigne esa partida a Galicia y se ponga en marcha un nuevo plan de rescate.
⏯️Creemos que es un sinsentido devolver 70 millones de euros cuando miles de personas trabajadoras autónomas afrontan serias dificultades económicas.