APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Seminario de conciliaciÓn e...

SEMINARIO DE CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE

APE Galicia, Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia, en coordinación coa Secretaría Xeral de Igualdade e a Consellería de Vicepresidencia, Administracións Públicas e Xustiza está a desenvolver un programa de concienciación sobre a necesidade da concilación nas pequenas empresas galegas.

Dende APE Galicia somos conscientes de que representamos un porcentaxe moi elevado da poboación activa galega, e queremos que comprendan os beneficios que trae a implantación de medidas de conciliación en todos os ámbitos da vida, traballo, social e familia.

Para difundir esta mensaxe organizamos o Seminario de Conciliación e Corresponsabilidade en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia na cidade de Pontevedra celebrado o luns 11 de maio ás 18.30 no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na Rúa Fernández Ladreda.

O acto foi moderado por Rosana López Salgueiro, e innaugurado polo Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda Valenzuela.

A primeira intervención estivo a cargo do Coach Joaquín Dosil o cal falou sobre a vinculación entre a igualdade, a conciliación e a corresponsabilidade, e os beneficios que teñen para as empresas a implantación de medidas nestes campos. 

Este ponente traballou con empresas como Repsol, Endesa, TVG, ou Audi e con deportistas como Jorge Lorenzo e o RC Celta de Vigo, en ambos casos supo asesoralos para obter os mellores resultados nos seus campos.   

A seguinte ponencia foi a cargo de  María Ángeles García Pérez, socia de Auditores Laborales de Galicia (ALGA)  e consultora na área de igualdade da Consultora P&A, quen tratou o tema da RSE e Plans de igualdade nas Pemes. O Obxectivo principal foi que os asistentes coñeceran como detectar as necesidades existentes nas súas empresas no ámbito da conciliación e poideran deseñar un plan específico para solventar este problema latente e mellorar o rendemento dos traballadores, e como resultado, da empresa.

Por último, e para que os asistentes comprobaran que é factible a aplicación de medidas de conciliación  mostramos o caso de boas prácticas que leva a cabo  dende as súas empresas Ana I. Ulloa Lobeiras, Xerente de Sitelco Telecomunicacións ,  Directora de Iworks Centro de Negociose& Coworking e Presidenta de AECO, e mostramos as medidas que se levan a cabo nunha gran empresa como é o caso de Geriatros, da man da súa Directora de Recursos Humáns, Lucía Del Campo.

Para rematar,  a Secretaria Xeral de Igualdade Susana López Abella , realizou o peche do seminario.

obxetivo final sobre o cal traballamos nesta actividade foi o cambio na mentalidade dos autónomos e pequenos empresarios para que deixaran atrás o concepto de largas xornadas de traballo con baixo nivel de productividade, e  apostaran pola optimización dos horarios para ser máis productivos durante a xornada laboral. 

Só deste xeito podemos facer que a conciliación laboral e a corresponsabilidade sea un valor engadido para a nosa sociedade, xa que estos colectivos representan máis do 90% das empresas galegas.


  • Cartel_conciliacion_horizontal
  • _dsc8437_jpg
  • _dsc8436_jpg
  • _dsc8457_jpg
  • _dsc8465_jpg
  • _dsc8470_jpg
  • _dsc8535_jpg
  • _dsc8523_jpg
  • _dsc8520_jpg
  • _dsc8545_jpg
  • _dsc8555_jpg